Os datos que os usuarios faciliten incluiranse nun ficheiro cuxa titularidade pertence a EROSKI, S. COOP. CIF.- F-20033361_ Barrio San Agustín, s/n. 48230 Elorrio, Biskaia
Inscrita no Rexistro Mercantil de Biscaia no tomo 3.630, folla BI- 21.221, folio 1, inscrición 1.ª. Inscrita no Rexistro Oficial de Cooperativas do Ministerio de Traballo, Libro Rexistro de Cooperativas, Sección Central, tomo X, folio 904, asento 14, novo número e clase 1.526-SMT, mantendo o anterior, 17.115.
A aceptación expresa das Políticas, Termos e Condicións correspondentes autorizará a EROSKI S. COOP. (en diante EROSKI)a tratar os datos persoais do usuario.
Para poder facer uso dos servizos ofrecidos por este medio o usuario deberase rexistrar a través do/s formulario/s de rexistro habilitado/s para o seu efecto e dar o seu consentimento para o tratamento dos seus datos de forma libre, voluntaria e expresa.
Esta Política de privacidade é aplicable a toda a información que EROSKI recolla, almacene e trate na prestación do servizo durante a navegación e utilización deste medio.
EROSKI tratará e almacenará todos os datos que o usuario facilite e xestione no seu perfil.
EROSKI poderá establecer mecanismos que faciliten o proceso de alta a través de distintas canles; en concreto, para efectuar o rexistro EROSKI, poderá desenvolver un proceso que permita aproveitar os datos xa existentes do usuario noutros ficheiros de EROSKI e que resulten útiles para efectuar a alta; neste caso, deberá informar o titular do devandito proceso para obter o seu consentimento.
EROSKI será propietario dun ficheiro que conterá os seguintes datos de carácter persoal, que o usuario consentirá expresamente, coas finalidades que se fan constar, para incorporalos ao ficheiro: (i) calquera dato que o usuario facilite ou autorice incorporar co motivo da alta, (ii)os datos derivados da relación comercial con EROSKI, (isto é, os datos derivados do uso dos distintos servizos), (iii) os datos que resulten dos procesos informáticos nos que EROSKI e o usuario sexan parte (cookies, hábitos de navegación ou uso do medio), (iv) os datos de xeolocalización e/ou xeoposición, previamente autorizados, (v) así como os datos que EROSKI poida inferir a partir de datos licitamente obtidos, entre outros, os da referencia xeográfica.
Todos estes datos serán tratados -en xeral- co fin de xestionar e prestar os servizos ofrecidos por este medio, incluídos o mantemento e a mellora, para enviar polos medios de comunicación electrónica ou non información e/ou publicidade e ofertas sobre produtos e servizos, propios ou de terceiros, nos que o usuario podería estar interesado sobre os seguintes sectores, onde EROSKI ou as empresas que compoñen o Grupo Eroski desenvolven a súa actividade: fidelización, alimentación, fogar, téxtil, seguros, préstamos, ópticas, inmobiliaria, telecomunicacións, tecnoloxía, informática, consumo, deporte, ocio, tempo libre, turismo, estética, perfumaría, medios de pagamento e xoiaría; todo isto segundo criterios de EROSKI e/ou atendendo ao perfil do usuario, ofrecerlle participar en distintas promocións e sumar saldo Eroski CLUB e puntos TRAVEL CLUB.
En todos os casos, co seu rexistro o usuario acepta que EROSKI leve a cabo o tratamento dos seus datos para finalidades comerciais, actividades de publicidade e prospección comercial, a través de medios de comunicación electrónica. EROSKI poderá efectuar tratamentos consistentes en realizar accións de e-mail marketing e marketing directo; elaborar perfís, segmentacións sobre os seus datos e/ou cruzamentos con outros ficheiros dos que EROSKI sexa responsable, cos límites e as garantías establecidas pola Lei.
O usuario pódese opor ao tratamento dos seus datos con fins promocionais e á recepción deste tipo de envíos accedendo, en calquera momento, á súa ficha de rexistro premendo en “Os meus Datos” onde poderá modificar o criterio seleccionado, contactándonos a través de info@eroski.es e tamén se poderá opor seguindo as indicacións que aparecerán en cada unha das comunicacións que reciba.
O usuario pode exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición (Dereitos ARCO) en calquera momento, mediante escrito dirixido a EROSKI, S. COOP.: (i) á súa sede social sita en Barrio de San Agustín, s/n, 48230-Elorrio (Biscaia), Att. Departamento xurídico (ii) a través de info@eroski.es, ou (iii) a través da área do Usuario accesible na nosa web a través do apartado Os meus Datos.
Os datos persoais dos usuarios almacénanse en ficheiros propiedade de EROSKI, quen garante as medidas oportunas de índole técnica e organizativa que aseguran a integridade, confidencialidade e seguridade da información persoal achegada de acordo co estado actual da técnica. EROSKI mantén os niveis de seguridade de protección dos seus datos conforme ao Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal e estableceu todos os medios técnicos ao seu alcance para evitar a perda, o mal uso, a alteración, o acceso non autorizado e o roubo dos datos que o usuario facilite, independentemente de informalo de que as medidas de seguridade na Internet non son inexpugnables.
O rexistro en EROSKI non lles está permitido aos menores de idade. Establécese un mecanismo de autenticación que non permite a inscrición de (a) quen non introduza, con caracteres válidos, o seu ano de nacemento, que debe ser en calquera caso equivalente á maioría de idade e de (b) quen non acepte expresamente a súa maioría de idade.
EROSKI utiliza cookies. Podes acceder a toda a información ao respecto na Política de cookies.