POLÍTICA DE PROTECCIÓN DE DATOS. ORIXE, TRATAMENTO E DESTINO

1. Responsable dos datos recadados

Os datos que os usuarios faciliten incluiranse nun ficheiro cuxa titularidade é de EROSKI, S. COOP. CIF.- F-20033361_ Barrio San Agustín, s/n. 48230 Elorrio (Biscaia)

Inscrita no Rexistro Mercantil de Biscaia no tomo 3630, folla BI- 21.221, folio 1, inscrición 1.ª. Inscrita no Rexistro Oficial de Cooperativas do Ministerio de Traballo, Libro Rexistro de Cooperativas, Sección Central, tomo X, folio 904, asento 14, novo número e clase 1526-SMT, mantendo o anterior, 17.115.

2. Usuario

A aceptación expresa das Políticas, Termos e Condicións correspondentes autorizará a EROSKI S. COOP. (en adiante EROSKI) o tratamento dos datos persoais do Usuario.

Para poder facer uso dos servizos da WEB, o usuario debe rexistrarse a través do/s formulario/s de rexistro habilitado/s para o efecto e prestar o seu consentimento ao tratamento dos seus datos de forma libre, voluntaria e expresa.

3. O tratamento dos datos

Esta Política de Privacidade é aplicable a toda a información que EROSKI recolla, almacene e trate na prestación do servizo, e durante a navegación e utilización da WEB.

EROSKI tratará e almacenará todos os datos que o usuario facilite e xestione no seu perfil.

EROSKI poderá establecer mecanismos que faciliten o proceso de alta na Web, a través de distintas canles; en concreto, para efectuar o rexistro EROSKI, poderá desenvolver un proceso que permita aproveitar os datos xa existentes do Usuario noutros ficheiros de EROSKI e que resulten útiles para efectuar a alta; neste caso, informaráselle ao Titular do proceso a través da web, para obter o seu consentimento.

EROSKI será propietario dun ficheiro que conterá os seguintes datos de carácter persoal e o Usuario consentirá expresamente que estes, coas finalidades que se fan constar, se incorporen ao ficheiro: (i) calquera dato que o Usuario facilite ou autorice incorporar con ocasión da alta na Web, (ii) datos derivados da relación comercial con EROSKI (isto é, os datos derivados do uso dos distintos Servizos), (iii) os resultantes de procesos informáticos dos que EROSKI e o Usuario formen parte (cookies, hábitos de navegación ou uso da Web), (iv) así como datos que EROSKI poida inferir a partir de datos licitamente obtidos, entre outros, os de referenciación xeográfica.

Todos estes datos serán tratados —en xeral— coa finalidade de xestionar e prestar os servizos ofrecidos pola Web, o seu mantemento, mellora, así como para enviar, por medios de comunicación electrónica ou non, información e/ou publicidade, ofertas sobre produtos e servizos, propios ou de terceiros, nos que o Usuario podería estar interesado sobre os seguintes sectores, onde EROSKI ou as empresas que compoñen o Grupo Eroski desenvolven a súa actividade (fidelización, alimentación, fogar, téxtil, seguros, préstamos, ópticas, inmobiliaria, telecomunicacións, tecnoloxía, informática, consumo, deporte, ocio, tempo libre, turismo, estética, perfumaría, medios de pagamento e xoiaría), segundo criterios do Programa e/ou atendendo ao perfil de Usuario, ofrecer a participación en distintas promocións, así como sumar saldo Eroski CLUB e puntos TRAVEL CLUB.

En todos os casos, co rexistro o Usuario acepta que EROSKI leve a cabo o tratamento dos seus datos con finalidades comerciais, para actividades de publicidade e prospección comercial a través de medios de comunicación electrónica.

4. Oposición á recepción de comunicacións comerciais

O usuario pode oporse ao tratamento dos seus datos con fins promocionais e á recepción deste tipo de envíos accedendo, en calquera momento, á súa ficha de rexistro premendo en “Os meus Datos” onde poderá modificar os criterios seleccionados, contactándonos a través de xxxx@eroski.es e tamén poderá oporse seguindo as indicacións que aparecerán en cada unha das comunicacións que reciba.

5. Exercer dereitos de acceso, cancelación e rectificación

O usuario pode exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición (Dereitos ARCO) en calquera momento, mediante escrito dirixido a EROSKI, S. COOP.: (i) á súa sede social sita en Barrio de San Agustín, s/n, 48230-Elorrio (Biscaia), Att. Departamento xurídico (ii) a través de xxxxxx@eroski.es, ou (iii) a través da área do Usuario accesible na nosa web a través do apartado Os meus Datos.

6. Medidas de Seguridade e Confidencialidade da información.

Os datos persoais dos usuarios son almacenados en ficheiro propiedade de EROSKI que garante as medidas oportunas de índole técnica e organizativa que aseguran a integridade, confidencialidade e seguridade da información persoal achegada de acordo co estado actual da técnica. EROSKI mantén os niveis de seguridade de protección dos seus datos conforme ao Real Decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal e estableceu todos os medios técnicos ao seu alcance para evitar a perda, o mal uso, a alteración, o acceso non autorizado e o roubo dos datos que o usuario facilite, independentemente de informalo de que as medidas de seguridade na Internet non son inexpugnables.

7. Menor de idade

O rexistro en EROSKI non está permitido aos menores de idade. Establécese un mecanismo de autenticación que non permite a inscrición de (a) quen non introduza, con caracteres válidos, o seu ano de nacemento, que debe ser en calquera caso equivalente á maioría de idade e dos (b) que non acepten expresamente a súa maioría de idade.

8. Política de Cookies

EROSKI utiliza cookies. Podes acceder a toda a información ao respecto na Política de Cookies.