TERMOS E CONDICIÓNS XERAIS DE

www.eroski.es e supermercado.eroski.es

  1. INTRODUCIÓN

O acceso a esta WEB atópase condicionado á previa lectura e aceptación por parte de calquera usuario dos termos, condicións, comunicacións, advertencias e demais avisos legais contidos nas presentes cláusulas.

Se o usuario non estivese de acordo co contido dos presentes Termos e Condicións de navegación deberá abandonar esta WEB e non poderá acceder nin dispor dos servizos que esta ofrece.

O acceso á WEB ten carácter gratuíto, independentemente da necesidade de que o usuario se rexistre a primeira vez que desexe empregar os servizos ofrecidos a través da mesma.

O usuario declara ser maior de idade e dispor da capacidade xurídica suficiente para vincularse polos presentes Termos e Condicións. Igualmente, acepta de forma expresa e sen excepcións que o acceso e a utilización do presente sitio WEB, dos seus servizos e dos contidos dos devanditos servizos teñen lugar baixo a súa única e exclusiva responsabilidade.

As conexións con outros sitios WEB que puidesen existir así como o uso que o usuario poida facer das mesmas está suxeito aos presentes Termos e Condicións de uso, así como aos eventuais condicionados específicos que a WEB requira. Calquera utilización distinta á autorizada está expresamente prohibida.

O Responsable da WEB poderá modificar de modo unilateral, en calquera momento que estime oportuno, a configuración da presente WEB, as condicións de uso e servizo, así como os seus contidos. Do mesmo xeito, poderá eliminalos, limitalos ou suspendelos de maneira temporal ou definitiva, así como impedir o acceso, e procurará informar o usuario do devandito cambio a través do seu correo electrónico ou ben a través da súa publicación na páxina WEB, sempre e cando as circunstancias así llo permitan.

  1. IDENTIDADE DO TITULAR DA WEB

Os datos identificativos do responsable da presente WEB son os seguintes:

EROSKI, S. COOP. Barrio San Agustín, s/n.

48230 Elorrio

Bizkaia

CIF: F-20033361

Inscrita no folio 1812, asento 1.º do Libro de Inscrición de Sociedades Cooperativas e outras agrupacións empresariais do Rexistro de Cooperativas de Euskadi, número de inscrición 2003.0.088.

  1. DEREITOS E OBRIGAS DO PRESTADOR DOS SERVIZOS

3.a).- Como provedor do servizo, EROSKI, S. COOP. atópase obrigada a prestar os servizos ofertados pola presente WEB, a garantir eficazmente o segredo das comunicacións que puidesen existir co usuario, así como a responder ás reclamacións que eventualmente se puidesen formular.

3.b).- No caso de efectuar operacións de mantemento, reparación, actualización ou mellora dos servizos, EROSKI, S. COOP. ten o dereito de suspender temporalmente e sen necesidade de preaviso a accesibilidade á presente WEB, así como a reservarse o dereito de prestación ou cancelación dos servizos, independentemente do cal procurará pólo en coñecemento dos usuarios, sempre que as circunstancias así llo permitan.

3.c).- EROSKI, S. COOP. non garante, directa ou indirectamente, a información ou os servizos ofrecidos, agás aquelas garantías que en virtude das leis aplicables deban ser outorgadas ou que queden explicitamente descritas nun acordo entre esta sociedade e o usuario.

EROSKI, S. COOP. non garante o contido fornecido, no seu caso, por terceiras partes, nin garante a veracidade, fiabilidade, precisión, oportunidade ou conveniencia da información fornecida para o destino que os usuarios ou calquera outra persoa fagan da mesma.

3.d).- Os dereitos de propiedade intelectual sobre a presente WEB son titularidade de EROSKI, S. COOP. O exercicio exclusivo dos dereitos de reprodución, distribución, comunicación pública e transformación pertencen á antedita compañía.

  1. DEREITOS E OBRIGAS DO USUARIO

4.a).- O usuario, co fin de rexistrarse na presente WEB, deberá introducir un nome de usuario (enderezo de correo electrónico) e un contrasinal (ou password) que serán as claves de acceso habitual. O usuario será responsable da custodia do seu nome de usuario e contrasinal, e responderá do mal uso que, como consecuencia da infracción do seu deber de custodia, puidese facer un terceiro.

4.b).- En todo momento, o usuario debe realizar un uso lícito dos servizos da presente WEB de acordo coa legalidade vixente, respectando os dereitos de propiedade intelectual de EROSKI, S. COOP. ou de terceiros.

Neste sentido, o usuario garante que as actividades que desenvolve a través da presente WEB se adecuarán á lei, á moral, á orde pública, aos bos costumes e en ningún caso resultarán ofensivas para o bo nome e a imaxe comercial de EROSKI, S. COOP. ou de calquera outra sociedade integrante do denominado GRUPO EROSKI, nin para outros usuarios da WEB ou terceiros.

4.c).- O usuario non realizará, a través dos servizos que pon á súa disposición EROSKI, S. COOP., ningunha acción que cause dano ou alteracións dos contidos, nin obstaculizará o bo funcionamento da WEB, e non causará problemas técnicos de ningunha índole, nin transferirá elementos susceptibles de portar virus informáticos ou de danar, interferir ou interceptar total ou parcialmente a presente WEB, así como non intervir ou alterar o correo electrónico doutros usuarios.

4.d).- A responsabilidade do usuario sobre a veracidade dos datos introducidos é exclusiva, polo que, no caso de facilitar datos falsos ou inexactos, EROSKI, S. COOP. resérvase o dereito a prohibirlle o acceso a esta WEB.

  1. EXCLUSIÓN DE GARANTÍAS E DE RESPONSABILIDADE POLO FUNCIONAMENTO DO SITIO WEB E DOS SEUS SERVIZOS

5.a).- EROSKI, S. COOP. non garante a dispoñibilidade e continuidade do funcionamento do presente sitio WEB e dos seus servizos.

Desta forma, exclúese calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de calquera natureza que se poidan deber á falta de dispoñibilidade ou de continuidade do funcionamento do sitio WEB e dos seus servizos e a utilidade que os usuarios puidesen atribuír ao presente sitio WEB.

En calquera caso, EROSKI, S. COOP. realizará os seus mellores esforzos para manter a dispoñibilidade continuada da presente WEB.

5.b).- EROSKI, S. COOP. pon a disposición dos usuarios os sistemas de privacidade de datos persoais que impidan o acceso aos mesmos por parte de terceiros non autorizados. EROSKI, S. COOP. implantou todas as medidas de seguridade técnicas e organizativas necesarias que garantan a integridade, confidencialidade e dispoñibilidade dos datos persoais facilitados polo usuario.

5.c).- Pese a que EROSKI, S. COOP. implantou todas aquelas medidas de seguridade axeitadas para garantir a seguridade nesta materia, non controla nin garante a ausencia de virus nin doutros elementos nos contidos da presente páxina WEB que poidan producir alteracións no sistema informático (software e hardware) do usuario ou nos documentos electrónicos e ficheiros almacenados no seu sistema informático.

EROSKI, S. COOP. exímese de calquera responsabilidade polos danos e perdas de toda natureza que se poidan deber á presenza de virus nos contidos que poidan producir alteracións no sistema informático, documentos electrónicos, ficheiros, etc.

5.d).- EROSKI, S. COOP. non ten obriga e non controla a utilización que os usuarios fan do presente sitio WEB, dos servizos e dos seus contidos. En particular, esta sociedade non garante que os usuarios utilicen o presente sitio WEB, os seus servizos e os seus contidos de conformidade con estes Termos e Condicións Xerais e, no seu caso, as Condicións Particulares que resulten de aplicación, nin que o fagan de forma dilixente e prudente.

Esta sociedade tampouco ten a obriga de verificar, e non verifica, a identidade dos usuarios, nin a veracidade, vixencia, exhaustividade e/ou autenticidade dos datos que os mesmos proporcionan sobre si a outros usuarios.

  1. PROPIEDADE INTELECTUAL

Todos os dereitos sobre o contido da WEB pertencen a EROSKI, S. COOP. agás aqueles de empresas coas que asinou o correspondente contrato para a provisión de contidos e están protexidos polas normas nacionais e internacionais de propiedade intelectual e industrial.

O deseño, as imaxes, os mapas, os gráficos, as marcas, os rótulos, os signos distintivos ou os logos de EROSKI, S. COOP., os frames, os banners, o software e os seus distintos códigos fonte e obxecto, etc. desta WEB son titularidade de EROSKI, S. COOP., que posúe lexitimamente en exclusiva os dereitos de explotación sobre os mesmos.

Os logos ou signos distintivos do resto de sociedades integrantes do denominado GRUPO EROSKI son titularidade de cada unha delas e dispón lexitimamente en exclusiva os dereitos de explotación sobre os mesmos, e consente expresamente que estes sexan incorporados, no seu caso, na presente WEB.

O usuario que acceda a esta WEB non pode copiar, modificar, distribuír, transmitir, reproducir, publicar, ceder nin vender os elementos anteriormente mencionados nin crear novos produtos ou servizos derivados da información obtida.

Unicamente queda autorizada a visualización e carga para o uso persoal e non comercial do usuario, sen que o poida facer extensivo a terceiras persoas ou entidades.

No caso de gráficos ou deseños que aparezan nesta WEB cuxa titularidade sexan empresas colaboradoras de EROSKI, S. COOP., seranlles de aplicación, igualmente, as presentes condicións, agás pacto en contrario.

Queda terminantemente prohibida a alteración desta WEB por parte do usuario e que poida afectar ao seu contido, tales como vínculos (ou links) e similares.

EROSKI, S. COOP. velará para que os contidos desta WEB non teñan carácter pornográfico, xenófobo, discriminatorio, racista, difamatorio e que non fomenten a violencia. Do mesmo xeito procurará evitar calquera circunstancia que poida ser prexudicial para os usuarios.

  1. PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

Toda a información sobre o tratamento de datos de carácter persoal está recollida e detallada na Política de Privacidade.

Independentemente diso infórmase de:

7.a) Para acceder e/ou utilizar algúns dos Servizos é necesario que os Usuarios proporcionen previamente a EROSKI, S. COOP. certos datos de carácter persoal (en adiante, os «Datos Persoais»), que EROSKI, S. COOP. tratará e incorporará a un ficheiro automatizado, coas finalidades que en cada caso correspondan, aínda que fundamentalmente os datos que o usuario facilite a EROSKI, S. COOP. teñen como finalidade prestar os servizos da WEB.

7.b) Todas estas circunstancias seranlles previa e debidamente advertidas por EROSKI, S. COOP. aos Usuarios, nos casos e na forma na que iso resulta legalmente esixible.

7.c) Se o Usuario facilita datos de carácter persoal de terceiras persoas, informaralles aos devanditos terceiros sobre o contido dos datos facilitados, a existencia e finalidade do ficheiro onde se conteñen os seus datos, a posibilidade de exercitar os dereitos, identificará a EROSKI, S. COOP. e deberá obter o consentimento do devandito terceiro para comunicar os datos deste a EROSKI, S. COOP.

7.d) EROSKI, S. COOP. garante que adoptou as medidas oportunas de seguridade nas súas instalacións, sistemas e ficheiros. Así mesmo, EROSKI, S. COOP. garante a confidencialidade dos Datos Persoais. Non obstante, EROSKI, S. COOP. revelaralles ás autoridades públicas competentes os Datos Persoais e calquera outra información que obre no seu poder ou sobre a que teña acceso a través dos seus sistemas e que poida ser requirida de conformidade coas disposicións legais e regulamentarias aplicables ao caso. Os Usuarios teñen recoñecidos e poderán exercitar os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición ou revogar o seu consentimento en calquera momento, contactando con EROSKI, S. COOP. seguindo o procedemento para o exercicio de dereitos descrito para tal efecto na Política de Privacidade.

Grupo EROSKI en xeral e EROSKI, S. COOP. en particular adquiriu dende un principio un serio compromiso co fin de garantir a seguridade en todas as súas transaccións comerciais.

Por este motivo, o sistema de Comercio Electrónico empregado por esta sociedade atópase aloxado nun Servidor Seguro, con certificación obtida e avalada, para que todo envío de información confidencial se realice de forma segura, mediante o sistema avanzado de encriptación de datos SSL. (Secure Socket Layer).

O usuario pode saber que se atopa nunha zona segura cando a URL cambia de http:// a https://, e visualiza ademais un cadeado pechado na parte inferior do navegador. Desta forma, todos os datos que se envíen a partir dese momento viaxarán totalmente encriptados, o que garantirá a total seguridade das transaccións.







  1. COOKIES

Toda a información sobre o uso que fai a WEB de cookies está recollida e detallada na Política de Cookies.

  1. VÍNCULOS OU LIGAZÓNS HIPERTEXTUAIS

Non se poderá establecer ningún vínculo co Portal dende ningunha outra WEB sen o previo e expreso consentimento de EROSKI, S. COOP.

No suposto de que a presente páxina WEB puidese conter vínculos ou ligazóns con outros portais ou sitios WEB non xestionados por EROSKI, S. COOP., esta sociedade manifesta que non exerce ningún control sobre os devanditos portais ou sitios WEB, nin é responsable do contido dos mesmos. Os links que esta WEB puidese conter ofreceranse, unicamente, a modo de referencias informativas, sen ningún tipo de valoración sobre os contidos, propietarios, servizos ou produtos ofrecidos dende os mesmos.

En todo caso, EROSKI, S. COOP. e as empresas do denominado GRUPO EROSKI exoneraranse de toda responsabilidade en relación cos servizos prestados polos devanditos terceiros fronte a calquera reclamación de calquera natureza e demandas que se puidesen interpor en relación cos mesmos.

  1. NULIDADE E INEFICACIA DAS CLÁUSULAS

Se algunha cláusula dos presentes Termos e Condicións de navegación e uso da WEB de EROSKI, S. COOP. fose declarada total ou parcialmente nula ou ineficaz, tan só afectará á devandita disposición ou á parte da mesma, e subsistise en todo o demais, o resto de condicións xerais agás que, por resultar esencial ás presentes condicións xerais, tivese que afectarlles de forma integral.

  1. LEI APLICABLE E XURISDICIÓN

Estes Termos e Condicións de uso e navegación así como calquera relación entre o usuario e EROSKI, S. COOP. rexeranse pola lexislación española.

Para calquera litixio derivado da existencia ou do contido dos presentes Termos e Condicións ou das relacións entre o usuario e EROSKI, S. COOP. ambas as partes, con renuncia expresa a calquera outro foro que lles puidese corresponder, sométense á xurisdición e competencia exclusiva dos Xulgados e Tribunais de Durango (Biscaia).